El prólogo de la Vuelta se disputa en Assen
El Xacobeo Galicia ya entrena en Holanda a la espera del comienzo de la Vuelta a España. El equipo llegaba a media tarde al hotel en el que esperará a que el sábado dé comienzo la LXIV edición de la Vuelta a España, con tiempo suficiente para salir a realizar un entrenamiento de unas dos horas. El equipo gallego se hospeda en los alrededores de Groningen, a poco más de veinte kilómetros del circuito de Assen, escenario del prólogo que marcará este año el inicio de la ronda española.
O Xacobeo Galicia chegaba a media tarde ao hotel no que agardará a que o sábado de comezo a sesenta e catro edición da Volta a España, con tempo suficiente para saír a realizar un adestramento dunhas dúas horas. O equipo galego hospédase nos arredores de Groningen, a pouco máis de vinte quilómetros do circuíto de Assen, escenario do prólogo que marcará este ano o inicio da rolda española. A expedición atopouse na súa chegada ao país dos tulipáns con temperaturas agradables e ceo lixeiramente encapotado, que foi abrindo a medida que caía a tarde. Durante a viaxe falouse de expectativas, pero, máis que as palabras, que o ciclista neste punto adoita ser cauto, eran as accións e os xestos os que realmente describían un estado de ánimo moi ilusionado. O xornal deportivo Marca publicaba hoxe unha táboa de apostas que sitúa como máximo favorito a gañar a Volta a España a Alejandro Valverde. O líder do Xacobeo Galicia, Ezequiel Mosquera, figuraba no posto sete. Os compañeiros situaban moito máis arriba as expectativas do ciclista de Teo. "É unha boa opción apostar por Ezequiel", comentaron algúns deles vendo a como se pagaba o seu triunfo. Álvaro Pino, entre outros, considera que nesa relación faltaba Ivan Basso. Os que viron en directo ao varesino durante Giro de Italia danlle bastantes máis opcións. Na rolda transalpina víuselle con ganas de asomar á elite e, se non puido facelo plenamente na pasada primavera, parece que foi sobre todo unha cuestión de tempo, o necesario para readaptar o seu organismo á máxima competición tras un paréntese de dous anos. Ezequiel Mosquera coñece xa con certa profundidade as interioridades da Volta a España logo de estar nas posicións de cabeza nas dúas últimas edicións, e fala con naturalidade de loitar polo podio, asumindo o reto con naturalidade. Factores puntais poderán logo facer subir ou baixar algún banzo decisivo. Entre estes factores contarase a sorte, nalgún lance concreto máis que en conxunto da carreira, a concentración no día a día ou o pico de forma máximo que se poida desenvolver nas fases de maior peso da volta. O Xacobeo Galicia en 2007 presentaba un equipo no que só un dos seus corredores participara nunha gran volta por etapas. Este ano a situación é a inversa. Só un dos nove inscritos non disputou unha proba de tres semanas. Esa experiencia percíbese tamén nos seus comentarios moito máis fundados en feitos. Con todo, este comezo nos Países Baixos tráelles certas interrogantes. Pregúntanse uns a outros sobre a forma de actuar que ten o vento nestes territorios, vendo como se movían as aspas dos xeradores eólicos a nivel do mar de camiño ao hotel; ou sobre os tramos de ‘pavés’ da cuarta etapa, aínda que eles mesmos puntualizan que serán algúns menos dos que se anunciaron inicialmente. En xeral, os ciclistas do Xacobeo Galicia pensan en manterse á expectativa estes primeiros días para buscar oportunidades reais máis adiante. Outra cousa serán logo as formulacións dos directores deportivos. Ciclistas como David García, en calquera caso, considera que as verdadeiras opcións de encontrar fugas con garantías presentaranse "a partir da décima etapa, pero, por outra banda, penso na etapa que gañou Voeckler no Tour e non sabes onde vas ter a oportunidade, porque eu non apostaría por atacar o día que o fixo o francés", reflexiona en voz alta. Para mañá xoves está previsto un adestramento de tres horas entre as 11.00 e as 14.00 horas.
0 comentarios:
Deja tu comentario